21 feb 2013

CHOIVAS INFERNAIS









No colexio Brea Segade o recreo estase facendo unha tortura por culpa destas choivas tan fortes. Onte xa se prohibiu ir ao recreo e como estaban a ludoteca e a biblioteca cheas ata arriba facendo que todo o mundo se aburrira moito. Aproximadamente 120 rapaces apretados nunha soa planta sen poder facer nada. Moita xente, aparte dos profesores, espera que estes días de choiva terminen o antes posible para que os recreos non sexan tan aburridos. O sol é a única esperanza para os rapaces tan aburridos do colexio Brea Segade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario