15 ene 2013

A PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL

Este ano o festival de Nadal do Brea Segade foi presentado por un sketch por algúns nen@s de 6º. A actuación de Helena, Alonso, María, Alba, Irene, Diana e Antía gustoulle moito á xente. O sketch foi moi divertido e case todas as persoas do público estaban rindo. Non fallou nada e foi moi ben todo. A parte que máis lles gustou aos nen@s de 6º foi cando Alonso, o pai no sketch dicia "Asúcarrr!!!" bailando e rumbeando. Os personaxes que interpretaban os nen@s no sketch eran: Helena a nai, Alonso o pai, Alba e María as fillas, Irene a veciña e Diana e Antía as fillas da veciña. En resumo, o sketch estivo moi ben e resultou un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario