Este ano o festival de Nadal do Brea Segade foi presentado por un sketch por algúns nen@s de 6º. A actuación de Helena, Alonso, María, Alba, Irene, Diana e Antía gustoulle moito á xente. O sketch foi moi divertido e case todas as persoas do público estaban rindo. Non fallou nada e foi moi ben todo. A parte que máis lles gustou aos nen@s de 6º foi cando Alonso, o pai no sketch dicia "Asúcarrr!!!" bailando e rumbeando. Os personaxes que interpretaban os nen@s no sketch eran: Helena a nai, Alonso o pai, Alba e María as fillas, Irene a veciña e Diana e Antía as fillas da veciña. En resumo, o sketch estivo moi ben e resultou un éxito.
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
15 ene 2013
9 ene 2013
JOVI METAL
Rock and Roll!! A actuación do grupo máis duro de Campomaneiro foi un éxito tan incríble que ata os fans cantaban con eles. Fixeron unhas pancartas que demostraban que eran fieis ao seu grupo favorito, JOVI METAL.
No festival presentaron unha canción chamada "O rotulador". O grupo levaba xa varias semanas preparándoa para o evento.
A continuación deixámosvos o videoclip do tema "O rotulador". Que o disfrutedes!
8 ene 2013
UNHA ÁRBORE RECICLADA
No noso colexio temos tanta imaxinación que se nos ocorreu facer unha árbore de nadal con botellas de plástico recicladas. Mirade que chula quedou!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
