Mostrando entradas con la etiqueta noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta noticias. Mostrar todas las entradas

22 ene 2013

AUMENTA O ALUMNADO CON GAFAS EN SEXTO

Estes últimos anos no Brea Segade aumentaron os alumnos con gafas. Se antes, de 110 persoas que había, o 54% eran nenos con gafas, agora, de 110 persoas, o 78% de nenos levan gafas. Algúns din que é unha invasión de alumnos con gafas, outros que só é unha coincidencia que case todos os nenos as leven. Sexa como sexa, o único que todos sabemos é que case todos os alumnos do colexio levan gafas. Por exemplo, na clase de 6º,  de 21 nenos que son, 9 nenos levan gafas. A maioría deles son nenas. Pode ser que a maioría dos alumnos que levan gafas no colexio sexan nenas ou nenos. O que se intenta dicir é que se les isto e non tés gafas, estate moi alerta e, como se acostuma a dicir, estate atento ao teu redor!


15 ene 2013

A PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL

Este ano o festival de Nadal do Brea Segade foi presentado por un sketch por algúns nen@s de 6º. A actuación de Helena, Alonso, María, Alba, Irene, Diana e Antía gustoulle moito á xente. O sketch foi moi divertido e case todas as persoas do público estaban rindo. Non fallou nada e foi moi ben todo. A parte que máis lles gustou aos nen@s de 6º foi cando Alonso, o pai no sketch dicia "Asúcarrr!!!" bailando e rumbeando. Os personaxes que interpretaban os nen@s no sketch eran: Helena a nai, Alonso o pai, Alba e María as fillas, Irene a veciña e Diana e Antía as fillas da veciña. En resumo, o sketch estivo moi ben e resultou un éxito.